Conversas telefónicas!

O alumnado de terceiro aprendeu a inventar diálogos e representalos.
Nesta ocasión, houbo grupos encargados de crear un diálogo  formal no que tiñan como misión chamar a un centro de actividades de ocio e informarse das súas propostas. Outros grupos tiveron que escribir un diálogo informal, nel chamaban a un compañeiro que estaba malo na casa, debían preguntarlle que tal se atopaba etc.
Aprenderon a diferenciar a forma de expresarnos en contextos formais e informais, así como a importancia que teñen os saúdos e as frases de cortesía en todas as situacións. Lembrade as palabas máxicas que nos axudan no día a día:

GRAZAS        POR FAVOR    DE NADA 

EU PENSO QUE SERÍA MELLOR...

Na representación empregaron uns teléfonos de xoguete que lles deixaron dúas compañeiras de clase 📞 Quedou todo moi real!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario