Semana de Rosalía

Durante a Semana de Rosalía preparamos varias actividades coas que nos achegamos a esta autora tan importante. 

 

Comezamos lendo un pouquiño sobre a súa vida e as súas obras máis coñecidas, tamén lemos algún retrinco dos poemas máis coñecidos:
 

  • Naceu en Santiago de Compostela no ano 1837. É unha das escritoras máis importantes de Galicia pois, nunha época na que a lingua galega era pouco valorada, ela rescatouna e empezou a empregala nas súas obras.  
  • A  súa infancia e xuventude foron épocas duras xa que era filla dunha muller e dun sacerdote que nunca a recoñeceu como filla. Durante estes primeiros anos viviu  coas súas tías en Padrón.
  • Xa de moza mudouse a Madrid onde publicou o seu primeiro libro de poesía La Flor (1857) co que comezou a súa vida como escritora.
  • Entre as súas  obras más coñecidas están Cantares gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar.
  • As súas historias falan da emigración, do desamor, da pobreza, da morriña etc. pero….Por que escribía sobre temas tristes? Seguramente porque a súa vida estivo chea de situación tristeiras e a escitura era a súa forma de loitar contra elas.

Logo, disfrutamos do poema Adiós ríos, adiós fontes musicalizado por Amancio Prada. 
 
Ademais, nesta tarefa tiñamos que completar as palabras misteriosas. Despois comentámoas en alto para coñecer o seu significado.O galego está cheo destas palabras tan sonoras !

 LUAR      REGATOS     BICAR    COIDADIÑOS  
 SOIDÁ

Este poema recitámolo todos xuntos (3ºA e 3ºB) co que practicamos o volume, a pronunciación, o ritmo ... tan importantes á hora de ler poesía.

Na clase de plástica, seguindo o estilo PopArt, deron ó rostro de Rosalía moita cor!

Por último, nunha actividade conxunta co cole, decoramos uns versos de Rosalía cos que imos poñer bonitas as escaleiras do centro:
                                      

🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹🌹

No hay comentarios:

Publicar un comentario