En terceiro estamos a crear pequenos relatos que pasarán á "gran pantalla" en forma de guións gráficos. Os pasos que seguimos son estes:
Entre todos inventaron un conto e escribírono nos seus cadernos. Logo, déronlle un título: Un profesor especial. Despois, organizaron cómo ían debuxar as personaxes e demais elementos. Agora, cada grupo está ilustrando unha escena na que debe aparecer: texto e ilustración. Finalmente unirán todo e realizaremos unha montaxe de vídeo e audio.. Que tal quedará?
🎬🎭🎨🎥
No hay comentarios:
Publicar un comentario