E un ano máis chegou o Samaín! Durante estes días o alumnado
de terceiro realizou diferentes actividades que as profes preparamos con moita ilusión. Algunhas destas tarefas foron:
Leron contos de medo e ata prepararon un ambiente terrorífico.
Disfrutaron coa xenial contacontos, a profe Mada, e co relato A figueira de pelos tortos. Encantounos!Decoraron "tapóns máxicos" cos que crearon o seu conto de medo.
Escoitaron cancións coas que puidemos retomar o proxecto de Poetas do Lérez.
Tamén tiveron unha pequena merenda terrorífica e unha exposición de cabazas.
Nas clases de plástica prepararon todo o necesario para que o corredor quedase ben tenebroso, e ata lles serviron os esqueletes de ciencias da natureza!
😈🧙🧛Esperamos que o pasasen de medo!🦇🎃
No hay comentarios:
Publicar un comentario