Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas

Día da árbore e dos perfumes ;)

O xoves 21 de Marzo foi o día da árbore. Para celebrar este día todo o cole fomos ata o paseo da Xunqueira onde cada ciclo encargouse de plantar unha árbore. Os nenos e nenas de 3º estiveron bastante entretidos axudando a plantar, observando o proceso, collendo flores e ata mirando lombrigas!
🌿🌲🌱🌻🌺🌸🐛🌾🌹 🐛


Aconteceron cousas interesantes, unha delas foi a idea de Zoe de crear un perfume cunhas flores que colleu. O venres sorprendeunos co perfume feito por ela e cunha receita cos pasos para facelo. Unha artista! Aquí deixo algúns vídeos onde explican como se poden preparar estas fragancias:


Laboratorio de 3º: función de reprodución.

RECUNCHO CO CARTEL!
Así quedou o recuncho do Laboratorio de 3º:
 


LEMBRADE! 

Reprodución sexual das plantas: neste caso os órganos reprodutores son as flores.Os pasos son os seguintes:
  • Os grans de pole transpórtanse dende os estames dunha flor ata o pistilo doutra flor. Isto chámase polinización. Pode ocorrer de dúas maneiras:
    • Polinización por insectos. O pole pode ser da mesma flor ou doutra (polinización cruzada)   
    • Polinización polo vento
  •  Cando os grans de pole chegan ao pistilo da flor prodúcense varios cambios ata formar a semente.
  • Coa temperatura e humidade adecuadas, a semente da lugar a unha nova planta. Etapas de xermolación da semente:
 
Reprodución asexual das plantas: Hai moitas plantas que non precisan das flores nin das sementes para reproducirse. É o que se chama reproducción asexual. Exemplo: Tubérculos (patacas), estolóns (fresas)


A EXPERIMENTAR!
1)
Repasados os contidos anteriores, xa é momento de realizar o experimento da función de reprodución:
Material:
  • envases de iogur ...
  • lentellas, garavanzos, fabas...
  • algodón
Pasos: 
  1. Enchoupamos o algodón en auga.
  2. Metemos o algodón no envase.
  3. Poñemos dentro a semente.
  4. Poñemos todo ó sol durante uns días. Botámoslle auga cando o precise.
Debuxo do que pasa:




COIDADO DAS PLANTAS!
Para completar o tema, imos crear un manual para coidar as plantas . Logo  poñeremos en práctica o que xa sabemos sobre sementar e intentaremos plantar novas sementes co fin de crear un pequeno xardín da clase, que tal sairá?

2)
Material:
  • envases, botellas, macetas.
  • diferentes sementes.
Pasos: 



  



Ó igual ca nos experimentos anteriores, para practicar o galego, faremos exposicións de científicos: os grupos terán como misión expresar de forma oral un resumo dos experimentos xunto unha valoración da tarefa.