Os retos do camiño.

En sociais ampliamos un pouquiño o tema das festas e tradicións para aprender algo máis sobre o camiño de Santiago. 
Preparouse un conxunto de tarefas cooperativas chamadas Os retos do camiño. Os equipos foron realizando cada unha destas tarefas e se traballaban de forma conxunta e axudando cando fose preciso, recibirían un selo na súa Compostela. 
 Ademais, conectando co proxecto Poetas do Lérez, na actividade Os versos do día lemos refráns relacionados co camiño de Santiago:
  • No camiño de Santiago anda o coxo como o sano.
  • Cando uns van a Santiago outros xa volven coas cunchas.
 
 Estas foron as tarefas:

-Todos os camiños chegan a Santiago: tiveron que resolver unha serie de actividades analizando un mapa no que aparecían con cores algúns dos camiños máis coñecidos (portugués, francés, inglés e Vía da Prata). 




-Chegamos a Compostela: parecido ó xogo de buscando a Wally axudaron a diferentes peregrinos a orientarse pola cidade de Santiago coa axuda dun mapa. Tamén analizaron as partes do Pórtico da Gloria, onde está situado, quen o creou etc.
-O rosco peregrino: seguindo o programa Pasapalabra, cada parella encargouse de dúas letras do rosco coas que tiñan que crear a tarxeta para o concurso. Agora teremos que esperar á proxima semana para poder presentar o rosco ó alumnado de 6º  que intentará resolvelo.


    No hay comentarios:

    Publicar un comentario