Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencias Sociais. Mostrar todas las entradas

Os retos do camiño.

En sociais ampliamos un pouquiño o tema das festas e tradicións para aprender algo máis sobre o camiño de Santiago. 
Preparouse un conxunto de tarefas cooperativas chamadas Os retos do camiño. Os equipos foron realizando cada unha destas tarefas e se traballaban de forma conxunta e axudando cando fose preciso, recibirían un selo na súa Compostela. 
 Ademais, conectando co proxecto Poetas do Lérez, na actividade Os versos do día lemos refráns relacionados co camiño de Santiago:
  • No camiño de Santiago anda o coxo como o sano.
  • Cando uns van a Santiago outros xa volven coas cunchas.
 
 Estas foron as tarefas:

-Todos os camiños chegan a Santiago: tiveron que resolver unha serie de actividades analizando un mapa no que aparecían con cores algúns dos camiños máis coñecidos (portugués, francés, inglés e Vía da Prata). 




-Chegamos a Compostela: parecido ó xogo de buscando a Wally axudaron a diferentes peregrinos a orientarse pola cidade de Santiago coa axuda dun mapa. Tamén analizaron as partes do Pórtico da Gloria, onde está situado, quen o creou etc.
-O rosco peregrino: seguindo o programa Pasapalabra, cada parella encargouse de dúas letras do rosco coas que tiñan que crear a tarxeta para o concurso. Agora teremos que esperar á proxima semana para poder presentar o rosco ó alumnado de 6º  que intentará resolvelo.


    Letras Galegas e Cancioneiro popular de 3º

    Aproveitamos que a semana na que se celebrou as Letras Galegas  coincidiu  co tema de sociais sobre tradicións populares para realizar diferentes tarefas:

    -Actividades sobre diferentes tradicións: lendas, traxes típicos, artesanía, bailes e cantigas, comida, festas etc.

    -Dedicamos a tarefa Os versos do día dos martes e xoves a ler, buscar e comentar refráns. Tamén coñeceron a web O refraneiro galego.
    • Quen coas mans non pode, cos dentes acode.
    • O corazón e os ollos nunca son vellos.
    • Quen con lobos anda, a ouvear aprende.
    • Vale máis pouco e ben que moito e mal.
    • Outros sobre o Camiño de Santiago.
    -Comprensión lectora sobre Antón Fraguas e unha aprenderon xogando nos Recunchos das letras galegas que prepararon na biblioteca. Aquí deixo a ligazón para que a vexades.

    - Creación dun cancioneiro popular co que escoitamos, comentamos e realizamos diferentes actividades:
    • Palabras misteriosas: A saia da carolina.
    • O remix de 3º: Teño un amor en Rianxo.
    • Cantigas modernas: A serea e o mariñeiro.
    • Caligramas : A Rianxeira. 





    Cantarte hei, Galicia,


    teus dulces cantares,


    que así mo pediron


    na beira do mare.


    [...]


    Que así mo pediron,


    que así mo mandaron,


    que cante e que cante


    na lengua que eu falo.

                                                            Rosalía de Castro

    As votacións de 3º

    Para comprobar de forma real o proceso electoral na clase de terceiro realizamos os seguintes pasos:
    1º Cada grupo creou o seu programa electoral. Nel incluiron polo menos 5 aspectos que mellorarían da cidade.
    2º Logo compartiron as súas propostas ante a clase, como na campaña electoral. Mentres, eu recollín nunha táboa os temas que trataba cada grupo, de modo que de forma visual vimos que temas se repetían, cales promovían só algúns candidatos... :
    • Mellorar os transportes.
    • Coidar o medio ambiente, promover zonas verdes.
    • Crear medidas para axudar ós pobres.
    • Proxectos para evitar a violencia de xénero.
    •  etc.
    3º Formamos a mesa (cun presidente e dous vocais) e a votar!
    4º Fixemos o reconto e atopámonos co problema de que había papeletas de máis. Falamos sobre a importancia de recontar e anotar o número de persoas que votan.
    5º Saíu elixido o grupo de LOS PERRITOS en coalicción con LOS UNICORNIOS CON GAFAS.


    GRAZAS a Olivia por traer da casa a carta que recibiu o seu pai para ir votar, nela vimos que aparece o colexio electoral, a mesa etc.

    Pintores de paisaxes



    A paisaxe é toda unha fonte de inspiración para os artistas,por iso, aproveitando que estamos estudando as paisaxes en Ciencias Sociais, lemos un pequeno conto sobre un pintor famoso. O reto era intentar averiguar de quen se trataba e ver algúns dos cadros de paisaxes máis fermosos que creou.
    Aquí vos deixo un vídeo por se queredes ver máis obras súas:

    Logo, na clase de plástica os nenos e nenas foron os artistas e crearon paisaxes diferentes. Neste caso tiñan que empregar diferentes texturas: puntiños, cadrados, raias, ondas etc.
    🌅🌄🌊🌈🌞🌻🌻🌻

    Os detectives de 3º

    Durante o curso proporanse unha serie de retos co fin de animar ó alumnado a interesarse por diferentes temas, buscar información  e compartila dun xeito claro e ordenado. 
    👀💬🔍
     Uns dos primeiros retos foron os seguintes.

    RETO 1. Investigar sobre un país. Indicar o continente no que está e algunha información relevante. Ademáis moitos animaronse traendo moedas e billetes de diferentes países.


    RETO 2. Tradicións de Nadal. Buscar información sobre celebracións navideñas de diferentes zonas do mundo.


    RETO 3. As táboas de multiplicar. Aprender as táboas para poder realizar as tarefas e xogos propostos.



    RETO 4. Paisaxes cheas de recordos.

    Paisaxes cheos de recordos.

    Que mellor forma de aprender a diferenciar elementos naturais e humanos, así como os diferentes tipos de paisaxe, que empregando fotos dos nenos e nenas de terceiro. Aqueles que queiran (reto 4), van traendo fotos nas que saen e nas que aparece unha paisaxe. Pero o reto non só consiste en traer a foto pois tamén hai que realizar unha pequena exposición guiada cos seguintes apartados:
    • Explicar os elementos naturais e humanos da foto.
    • Explicar que tipo de paisaxe é (de costa etc.)
    • Contar un recordo que teñan dese momento.
    • Ronda de preguntas dos compañeiros.
    A tarefa aínda está en marcha pois hai moitos voluntarios que se animaron...informaremos dos resultados proximamente 👍 


    O sistema solar

    Os alumnos de terceiro realizaron na clase de plástica unhas maquetas dos planetas. Cada grupo elaborou os seus, xunto cunha cartolina coas órbitas e un carteliño decorado co nome do seu equipo.


    A plastilina tamén lles serviu para exemplificar as capas da terra (codia, manto e núcleo ):