1º Cada grupo creou o seu programa electoral. Nel incluiron polo menos 5 aspectos que mellorarían da cidade.
2º Logo compartiron as súas propostas ante a clase, como na campaña electoral. Mentres, eu recollín nunha táboa os temas que trataba cada grupo, de modo que de forma visual vimos que temas se repetían, cales promovían só algúns candidatos... :
- Mellorar os transportes.
- Coidar o medio ambiente, promover zonas verdes.
- Crear medidas para axudar ós pobres.
- Proxectos para evitar a violencia de xénero.
- etc.
4º Fixemos o reconto e atopámonos co problema de que había papeletas de máis. Falamos sobre a importancia de recontar e anotar o número de persoas que votan.
5º Saíu elixido o grupo de LOS PERRITOS en coalicción con LOS UNICORNIOS CON GAFAS.
GRAZAS a Olivia por traer da casa a carta que recibiu o seu pai para ir votar, nela vimos que aparece o colexio electoral, a mesa etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario