Nas diferentes áreas estamos a tratar un tema moi interesante: os animais. Imos aproveitalo para darlle algo máis de vida e coñecer e crear animais do mundo.
Para iso, cada venres, haberá unha adiviña sobre un animal. O animal da adiviña traballarase ese día en plástica, creando a súa maqueta de formas diversas.
Para completar a tarefa, dende ese venres ata o seguinte (no que se propoñerá un novo animal) o reto será buscar información interesante sobre dito ser vivo. As persoas que fagan o reto deben crear unha ficha sobre ese animal para expoñela na clase, por este traballo recibirán punto no ClassDojo.
Ademais, con todas as creacións de plástica e coas fichas do reto, construiremos un mural na clase de ANIMALANDIA. Nel clasificaremos os animais que vaian saíndo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario