En valores comezamos a traballar sobre a diversidade cultural.
- Na primeira sesión, grazas a un vídeo que nos propuxo Iara, falamos sobre o respecto á todas ás persoas sen importar orixe, fala etc. Logo fixemos unha quenda de preguntas a compañeiros como ZELIE, ANDRÉS, NESHAT e ZOE que veñen de sitios moi afastados, aprendemos moito deles!
- Na seguinte sesión, Neshat sorprendeunos cunha xenial exposición sobre Bangladesh. Contounos e amosounos moitas cousas, dende a bandeira, platos típicos e mesmo trouxo a vestimenta típica. Todo un luxo contar con ela!
- Agora é o momento de poñerse a elaborar os nosos MINILIBROS CULTURAIS sobre o país, cidade ou vila de orixe de cada un.
- Rematados os traballos, chega o momento de expoñelos e tamén de valoralo. Para avaliar o seu traballo e ó dos compañeiros poñerán unha nota do 1 ao 3 tendo en conta estes tres aspectos:
- Exposición oral: se falan de forma clara ou se se trabucan, se len en lugar de expoñer ...
- Contido: que o traballo esté completo e inclúa os apartados que se pedían (localización, idioma, lugares de interese, gastronomía, tradicións)
- Decoración: debuxos e organización dos debuxos, fotos etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario