Día do libro

Na semana do día do libro a biblioteca do cole organizou actividades moi especiais. Déixovos a ligazón para velas no blog da biblio.
Unha delas vivímola de preto o martes 23. Varios nenos de 6º viñeron a clase e léronnos os seus contos. Eran moi orixinais e estaban moi ben feitiños! 
Ó rematar, aproveitamos para facerlles moitas preguntas ós maiores do cole. Eles compartiron con nós todo o proceso de creación. Tamén nos explicaron que cada grupo da clase elixira unha modalidade diferente para o conto: dende lectura en acordeón, kamishibai, marionetas... Tomamos nota das boas ideas.
NORABOA nenos e nenas de sexto polo relato e as ganas que lle puxestes á hora de contarlle ós pequenos o voso traballo👀💫📙🐋

No hay comentarios:

Publicar un comentario