Reprodución sexual das plantas: neste caso os órganos reprodutores son as flores.Os pasos son os seguintes:
- Os grans de pole transpórtanse dende os estames dunha flor ata o pistilo doutra flor. Isto chámase polinización. Pode ocorrer de dúas maneiras:
- Polinización por insectos. O pole pode ser da mesma flor ou doutra (polinización cruzada)
- Polinización polo vento.
- Cando os grans de pole chegan ao pistilo da flor prodúcense varios cambios ata formar a semente.
- Coa temperatura e humidade adecuadas, a semente da lugar a unha nova planta. Etapas de xermolación da semente:
Reprodución asexual das plantas: Hai moitas plantas que non precisan das
flores nin das sementes para reproducirse. É o que se chama reproducción asexual. Exemplo: Tubérculos
(patacas), estolóns (fresas)
A EXPERIMENTAR!
1)
Repasados os contidos anteriores, xa é momento de realizar o experimento da función de reprodución:
Material:Repasados os contidos anteriores, xa é momento de realizar o experimento da función de reprodución:
- envases de iogur ...
- lentellas, garavanzos, fabas...
- algodón
- Enchoupamos o algodón en auga.
- Metemos o algodón no envase.
- Poñemos dentro a semente.
- Poñemos todo ó sol durante uns días. Botámoslle auga cando o precise.
COIDADO DAS PLANTAS!
Para completar o tema, imos crear un manual para coidar as plantas . Logo poñeremos en práctica o que xa sabemos sobre sementar e intentaremos plantar novas sementes co fin de crear un pequeno xardín da clase, que tal sairá?
2)
Material:
- envases, botellas, macetas.
- diferentes sementes.
Ó igual ca nos experimentos anteriores, para practicar o
galego, faremos exposicións de científicos: os grupos terán como misión expresar de forma oral un resumo dos experimentos
xunto unha valoración da tarefa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario