Laboratorio de 3º : función de relación e función de nutrición.

A semana pasada lemos sobre algunhas das funcións vitais das plantas. En concreto, tratamos a función de relación e a función de nutrición. Para comprobar estas dúas funcións, escribimos e realizamos os seguintes experimentos:

EXPERIMENTO DA FUNCIÓN DE RELACIÓN:
O que se pretende con este experimento é comprobar que a planta,dentro da caixa, moverá as súas follas ata o burato polo que pode obter luz. Recordade: a función de relación permite ás plantas reaccionar ante os diferentes estímulos do medio (outros seres vivos, o Sol etc.).


Material:
  • caixa
  • planta
Pasos: 
  1. Cortamos un buratiño na caixa.
  1. Colocamos dentro a planta e tapamos a caixa.
  2. Esperamos uns días.
Debuxo do que pasa:
  • Cada neno e nena debía debuxar o proceso. Cos días veremos que pasa e intentaremos completar esta parte.
EXPERIMENTO DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN:


Con este experimento comprobarán que o colorante (ó igual que fai o zume bruto) transpórtase polo talo a ata as follas.

Material:
  • Envases de iogur.
  • Auga con colorante (amarelo, vermello e azul).
  • Flores brancas.
Pasos:
  1. Cortamos un anaco do talo da flor.
  2. Botamos colorante na auga.
  3. Metemos as flores nos envases co colorante e esperamos uns días.
Debuxo do que pasa:
  • Cada neno e nena debía debuxar o proceso. Ó día seguinte xa puidemos ver resultados.

Tamén formularon hipóteses sobre o que podería pasar en cada experimento, quen acertaría?

Ademáis destes experimentos, aproveitamos que Iria nos trouxo o seu microscopio (MOITAS GRACIAS 😘) O día anterior comentamos as partes deste aparato, e logo comprobamos a súa utilidade:

MICROSCOPIO DE IRIA: VEMOS CÉLULAS DE CEBOLA
  • Collimos unha capa moi fina da cebola e puxémola no porta.
  • Botámoslle unha gotiña de auga e puxémolo na platina.
  • Logo axustei os obxectivos ata poder ver a mostra. O microscopio tiña varios filtros de cores que nos permitiron ver a mostra sen ter que tinguila.

Moitos quedaron bastante abraiados co resultado!!!


GRAZAS A TODOS POR  ESTAR ATENTOS E PARTICIPAR NOS EXPERIMENTOS!!!

👀🌿🔍 

Próximamente o experimento da reprodución das plantas....



Para enlazar esta tarefa con outras áreas o alumnado de terceiro traballará no seguinte: 

  • O venres de Entroido aproveitamos un anaquiño de tempo que nos sobrou para realizar debuxos cos que decorar o noso novo recuncho: O LABORATORIO DE 3º. En 10 minutos fixeron unha chea de decorados!!! Agora só queda xuntalos no cartel.
  • Para practicar o galego, a próxima semana faremos exposicións de científicos: os grupos terán como misión expresar de forma oral un resumo dos experimentos xunto unha valoración da tarefa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario