En temas anteriores os nenos e nenas de terceiro aprenderon a escribir textos instrutivos, aqueles que nos explican cómo facer ou construír algo. No trimestre pasado xa escribiron por equipos as regras dun xogo, polo que agora tocou traballar as receitas.
- Primeiro lemos un exemplo para coñecer as súas partes.
- Logo inventaron unha receita por grupo.
🍪🍩🍔🍮🍕🍗🎂🍰🍓
Tamén houbo compañeiros que se animaron a traer da casa algunha receita e mesmo nos explicaron como realizalas. Fixeron unhas exposicións xeniais!
POR CERTO, ESTABA TODO RIQUÍSIMO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario