O outono!



O outono ten sono

non pode durmir

ponlle unha mantiña

que se queda axiña

sereno
 e feliz

Antonio García Teijeiro

O outono deu comezo con moitas poemas e adiviñas sobre esta estación tan bonita do ano. Nas clases de terceiro preparamos unha serie de tarefas para a hora de ler que nos permitiron aprender diversas adiviñas, recitalas e decoralas para crear xuntos o mural da entrada, mirade que chulo quedou:





Ademais, lemos diversos poemas, algún deles dun autor moi especial: Antonio García Teijeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario