Historias de amor, paz e loita para nenos curiosos.

Coñecer e respectar a diversidade cultural é un paso importante para lograr a paz e o entendemento entre persoas. Este 2019 é o ano das linguas indíxenas e por iso, dende o cole, traballamos un pouco sobre estes pobos, en especial sobre as mulleres indíxenas e o seu importante labor. Ademáis deste tema, pola semana da paz traballamos aspectos como a solidariedade, o amor e mesmo a poesía. O conxunto destas tarefas titulouse "Historias de amor, paz e loita para nenos curiosos" e consistiu no seguinte:

Lecturas sobre heroínas indíxenas.

Visualización dun vídeo sobre unha iniciativa solidaria. Tivemos a sorte de que unha das voluntarias do proxecto nos mandase un vídeo no que explicaba de forma detallada a iniciativa. Un enorme bico para Sara por mandalo e polo seu correo dedicado (que limos na clase). Aquí vos deixo información sobre o seu proxecto: 


Limos e interpretamos frases de acción poética. Comprobaron que cunha mensaxe pódense transmitir diferentes sentimentos e despertar reflexións importantes. A partir desta idea creamos o noso mural, gústavos?

 
Nesta semana tamén traballamos para levar a cabo as actividades propostas polo centro. Cada ciclo decorou a palabra PAZ nunha lingua indíxena diferente. A nosa foi FIADADANA:


Ademais, a pesar do mal tempo, realizamos co resto do cole as diferentes actividades preparadas. 👏👏👏



No hay comentarios:

Publicar un comentario