Aínda que o amor e a amizade deben valorarse e manterse todos os días, polo día de San Valentín intentamos lembrar a súa importancia. Para iso, cada neno e nena colleu ó azar un nome. A tarefa consistía en escribir un recordo bonito que tivesen coa persoa que lles tocase . Unha vez escrita, gardaron a notiña no "recuncho de recordos bonitos". Despois léronse en clase e compartimos en alto algunhas das anécdotas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario