O alumnado de terceiro aprendeu a inventar diálogos e representalos.
Nesta ocasión, houbo grupos encargados de crear un diálogo formal no que tiñan como misión chamar a un centro de actividades de ocio e informarse das súas propostas. Outros grupos tiveron que escribir un diálogo informal, nel chamaban a un compañeiro que estaba malo na casa, debían preguntarlle que tal se atopaba etc.
Aprenderon a diferenciar a forma de expresarnos en contextos formais e informais, así como a importancia que teñen os saúdos e as frases de cortesía en todas as situacións. Lembrade as palabas máxicas que nos axudan no día a día:
GRAZAS POR FAVOR DE NADA
EU PENSO QUE SERÍA MELLOR...
Na representación empregaron uns teléfonos de xoguete que lles deixaron dúas compañeiras de clase 📞 Quedou todo moi real!!!
Para rematar a sesión do anterior luns, os grupos representaron o seu diálogo. Ademais, a profe Mada animounos a improvisar anuncios mentres os equipos que ían saír a escena preparaban un pouco o seu diálogo. Son todos uns artistas!
Durante a Semana de Rosalía preparamos varias actividades coas que nos achegamos a esta autora tan importante.
Comezamos lendo un pouquiño sobre a súa vida e as súas obras máis coñecidas, tamén lemos algún retrinco dos poemas máis coñecidos:
Naceu en Santiago de Compostela no ano 1837. É unha das escritoras máis
importantes de Galicia pois, nunha época na
que a lingua galega era pouco valorada, ela
rescatouna e empezou a empregala nas súas obras.
A
súa
infancia e xuventude foron épocas duras xa que
era filla
dunha
muller e dun sacerdote que nunca a recoñeceu como filla.
Durante estes
primeiros anos viviu coas súas tías en Padrón.
Xa
de moza mudouse a Madrid onde publicou o seu primeiro libro de poesía La
Flor (1857)
co
que comezou a súa vida como escritora.
Entre as súas obras más coñecidas están Cantares gallegos,Follas
Novas e En
las orillas del Sar.
As súas historias falan
da emigración, do desamor, da pobreza, da morriña etc. pero….Por que escribía
sobre temas tristes? Seguramente porque a súa vida estivo chea
de situación tristeiras e a escitura era a súa
forma de loitar contra elas.
Logo, disfrutamos do poema Adiós ríos, adiós fontes musicalizado por Amancio Prada.
Ademais, nesta tarefa tiñamos que completar as palabras misteriosas. Despois comentámoas en alto para coñecer o seu significado.O galego está cheo destas palabras tan sonoras !
LUAR REGATOS BICAR COIDADIÑOS
SOIDÁ
Este poema recitámolo todos xuntos (3ºA e 3ºB) co que practicamos o volume, a pronunciación, o ritmo ... tan importantes á hora de ler poesía.
Na clase de plástica, seguindo o estiloPopArt, deron ó rostro de Rosalía moita cor!
Por último, nunha actividade conxunta co cole, decoramos uns versos de Rosalía cos que imos poñer bonitas as escaleiras do centro: