Polo mundo adiante.

En valores comezamos a traballar sobre a diversidade cultural. 
  • Na primeira sesión, grazas a un vídeo que nos propuxo Iara, falamos sobre o respecto á todas ás persoas sen importar  orixe, fala etc. Logo fixemos unha quenda de preguntas a compañeiros como ZELIE, ANDRÉS, NESHAT e ZOE que veñen de sitios moi afastados, aprendemos moito deles!
  • Na seguinte sesión, Neshat sorprendeunos cunha xenial exposición sobre Bangladesh. Contounos e amosounos moitas cousas, dende a bandeira, platos típicos e mesmo trouxo a vestimenta típica. Todo un luxo contar con ela!
  • Agora é o momento de poñerse a elaborar os nosos MINILIBROS CULTURAIS sobre o país, cidade ou vila de orixe de cada un. 
  • Rematados os traballos, chega o momento de expoñelos e tamén de valoralo. Para avaliar o seu traballo e ó dos compañeiros poñerán unha nota do 1 ao 3 tendo en conta estes tres aspectos:
    • Exposición oral: se falan de forma clara ou se se trabucan, se len en lugar de expoñer ...
    • Contido: que o traballo esté completo e inclúa os apartados que se pedían (localización, idioma, lugares de interese, gastronomía, tradicións)
    • Decoración: debuxos e organización dos debuxos, fotos etc.
    •