Tempo de Nadal

Coa proximidade do Nadal organizáronse diversas actividades:

O CD DO NADAL
Os poemas volven a 3º por Nadal! Esta vez en forma de cancións sobre as que traballamos en diferentes tarefas (Volver a casa por Nadal, Cantiga do Apalpador, Vivir etc.). O alumnado xuntou as súas tarefas e creou o seu CD DE NADAL. Para darlle forma, crearon unha portada na que escribiron o título con tipografía variada. No interior escribiron as cancións que contiña o seu CD.

UNHAS POSTAIS MOI ESPECIAIS
Seguindo a dinámica do amigo invisible, cada neno e nena debía escribir unha pequena postal á persoa que lle tocara no sorteo. Pero ollo! non era a típica postal, pois nela debían incluír aquelas cousas boas que valoraban do compañeiro ou compañeira. Tamén podían incluír unha pequena recomendación daqueles aspectos que consideraban que debían mellorar esas persoas.
Quedou unha actividade moi emotiva, nela lograron superar a vergoña e a barreira que pode haber ás veces entre certos compañeiros. Comprobaron, que aínda que non lles tocase o seu mellor amigo/a, podía valorar e crear un agasallo bonito a outros compañeiros cos que non se levaban tanto.


DINÁMICAS VARIADAS PARA O ÚLTIMO DÍA DE CLASE

No hay comentarios:

Publicar un comentario