Recuncho de recordos bonitos.

Aínda que o amor e a amizade deben valorarse e manterse todos os días, polo día de San Valentín intentamos lembrar a súa importancia. Para iso, cada neno e nena colleu ó azar un nome. A tarefa consistía en escribir un recordo bonito que tivesen coa persoa que lles tocase . Unha vez escrita, gardaron a notiña  no "recuncho de recordos bonitos". Despois léronse  en clase e compartimos en alto algunhas das anécdotas.
Vivimos momentos moi emotivos, grazas nenos e nenas de 3º💗

No hay comentarios:

Publicar un comentario