Os deportistas de 3º!

Xa imos familiarizándonos con isto de falar en galego! Para seguir coa práctica imos crear unha ronda de exposicións sobre os deportes e actividades de ocio. Lembrade os puntos que tedes que engadir:
  • Nome do deporte.
  • Material que empregades.
  • En qué consiste o deporte.
  • Motivos polos que vos gusta.
  • Cando e onde o practicades.
Algúns nenos foron os primeiros en saír e, para non ter case tempo de preparalo, fixérono moi ben, noraboa PAULA, ANXO, MARIÑA, ÓSCAR , IRIA e CANDELA. Os seguintes, como teredes máis tempo, tedes a misión de crear exposicións máis completas.

⚽⚾🎳🎲🏀🏉🏊🏄🏃🏈


Aínda que non hai fotos de todos (non sempre me lembro de coller o móbil) , todos o fixeron moi ben, NORABOA









Día da árbore e dos perfumes ;)

O xoves 21 de Marzo foi o día da árbore. Para celebrar este día todo o cole fomos ata o paseo da Xunqueira onde cada ciclo encargouse de plantar unha árbore. Os nenos e nenas de 3º estiveron bastante entretidos axudando a plantar, observando o proceso, collendo flores e ata mirando lombrigas!
🌿🌲🌱🌻🌺🌸🐛🌾🌹 🐛


Aconteceron cousas interesantes, unha delas foi a idea de Zoe de crear un perfume cunhas flores que colleu. O venres sorprendeunos co perfume feito por ela e cunha receita cos pasos para facelo. Unha artista! Aquí deixo algúns vídeos onde explican como se poden preparar estas fragancias:


Pulseiras da amizade!

Nas sesións dedicadas á amizade e á cooperación  fixemos diversas actividades, unha das que máis gustou foi deseñar e regalar as súas pulseiras da amizade. Quedáronlles xenial:

Vídeos para pensar!

As clases de valores sempre comezan cun vídeo para pensar, aquí vos deixo os que foron saíndo por se queredes botar unha ollada 👀.

El puente
Tema cooperación e empatía.
Vídeo: 

La oveja pelada
Tema:autoestima, aceptación de uno mismo.
Vídeo: 



Cadena de favores
Tema:a solidariedade.
Vídeo: 


 Dust Buddies : AS PELUSAS! 💜
Tema: amizade e cooperación.
Vídeo: 

 
Oktapodi
Tema: amor, amizade.
Vídeo: 


 
Count on me
Tema: amizade.
Vídeo: 


Party cloudy 
Tema: aceptar ós demais tal e como son, propoñer cambios de forma asertiva.
Vídeo: 


Piper
Tema: superar os medos e aquilo que se nos da mal, o esforzo.
Vídeo: 

Reto 4: Palíndromos!

Lendo a frase do xoves na tarefa OS VERSOS E PENSAMENTOS DO DÍA atopámonos cun tema interesante: OS PALÍNDROMOS. 👀💬🔁.Trátase de palabras ou frases que se len igual de esquerda a dereita e de dereita á esquerda.
Para motivalos a buscar palabras novas, teñen o reto durante a semana próxima de buscar palabras deste tipo. Cales sairán?

Irei poñendo aquí as palabras e o alumnado que participe, levarán un punto de RETO.