Os retos do camiño.

En sociais ampliamos un pouquiño o tema das festas e tradicións para aprender algo máis sobre o camiño de Santiago. 
Preparouse un conxunto de tarefas cooperativas chamadas Os retos do camiño. Os equipos foron realizando cada unha destas tarefas e se traballaban de forma conxunta e axudando cando fose preciso, recibirían un selo na súa Compostela. 
 Ademais, conectando co proxecto Poetas do Lérez, na actividade Os versos do día lemos refráns relacionados co camiño de Santiago:
  • No camiño de Santiago anda o coxo como o sano.
  • Cando uns van a Santiago outros xa volven coas cunchas.
 
 Estas foron as tarefas:

-Todos os camiños chegan a Santiago: tiveron que resolver unha serie de actividades analizando un mapa no que aparecían con cores algúns dos camiños máis coñecidos (portugués, francés, inglés e Vía da Prata). 




-Chegamos a Compostela: parecido ó xogo de buscando a Wally axudaron a diferentes peregrinos a orientarse pola cidade de Santiago coa axuda dun mapa. Tamén analizaron as partes do Pórtico da Gloria, onde está situado, quen o creou etc.
-O rosco peregrino: seguindo o programa Pasapalabra, cada parella encargouse de dúas letras do rosco coas que tiñan que crear a tarxeta para o concurso. Agora teremos que esperar á proxima semana para poder presentar o rosco ó alumnado de 6º  que intentará resolvelo.


    Letras Galegas e Cancioneiro popular de 3º

    Aproveitamos que a semana na que se celebrou as Letras Galegas  coincidiu  co tema de sociais sobre tradicións populares para realizar diferentes tarefas:

    -Actividades sobre diferentes tradicións: lendas, traxes típicos, artesanía, bailes e cantigas, comida, festas etc.

    -Dedicamos a tarefa Os versos do día dos martes e xoves a ler, buscar e comentar refráns. Tamén coñeceron a web O refraneiro galego.
    • Quen coas mans non pode, cos dentes acode.
    • O corazón e os ollos nunca son vellos.
    • Quen con lobos anda, a ouvear aprende.
    • Vale máis pouco e ben que moito e mal.
    • Outros sobre o Camiño de Santiago.
    -Comprensión lectora sobre Antón Fraguas e unha aprenderon xogando nos Recunchos das letras galegas que prepararon na biblioteca. Aquí deixo a ligazón para que a vexades.

    - Creación dun cancioneiro popular co que escoitamos, comentamos e realizamos diferentes actividades:
    • Palabras misteriosas: A saia da carolina.
    • O remix de 3º: Teño un amor en Rianxo.
    • Cantigas modernas: A serea e o mariñeiro.
    • Caligramas : A Rianxeira. 





    Cantarte hei, Galicia,


    teus dulces cantares,


    que así mo pediron


    na beira do mare.


    [...]


    Que así mo pediron,


    que así mo mandaron,


    que cante e que cante


    na lengua que eu falo.

                                                            Rosalía de Castro